NOTA DE AVISO – Subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego

14 Ago 2014 | Información, Notas de aviso

Inicio » Información » NOTA DE AVISO – Subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego

Estimados Sres;
Facemoslle chegar un pequeno resumo dunha axuda da Xunta de Galicia para a modernizacion no comercio retallista e artesanal galego (melloras de webs, packaging, etiquetaxe, etc…)
OBXECTO
Concesión de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.
GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:
  1. Ferramentas que melloren a xestión do establacemento/obradoiro e o deseño dos productos, e que non foron utilizados anteriormente.
  2. Desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetaxe, dirixido a mellor a loxística e comercialización do producto.
  3. Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo a disposción dos clientes recursos tecnolóxicos.
  4. Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que  impliquen a utilizacion das redes sociais para a venda.
  • Federacións de comerciantes:
  1. Gastos de desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas e webs para teléfonos móbiles. (Só se podera presentar a solicitude para unha aplicación informática)
  • Asociacións profesionais de artesáns.
  1. Sistemas que engadidos ao producto ou as seu packaging ou envase completen a información deste, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou valores engadidos.
  2. Proxectos de deseño e creación de novos productos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

GASTOS NON SUBVENCIONABLES

  • Impostos indirectos ou impostos persoais sobre a renda.
  • Obras para o acondicionamento do local.
  • Medidas orientadas á mellora de imaxe exterior.
  • Adquisición de moblaxe.
  • Ordenadores, TPV
  • Bolsas convencionables.

BENEFICIARIOS

  • Comerciantes retallistas.
  1. Que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
  2. Empregen menos de 10 traballadores e non teñan consideranción de grande estabalecemento comercial.
  3. Que estea dado de alta en algún dos epígrafes do IAE (ANEXO II)
  4. Inscritos no Rexistro Galego de Comercio.
  • Titulares de obradoiros artesanais.
  1. Obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  2. Uso da marca Artesanía de Galicia.
  • Federacións de comerciantes sen fins de lucro.
  1. Que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
  2. Inscritas no Rexistro Galego de Comercio.
  • Asociacións profesionais de artesáns de Galicia
  1. Alomenos 10 dos seus membros figuren inscritos no Rexistro Galego de Artesanía.

Non son beneficiarios empresas en crise.
DOCUMENTACIÓN

  • DNI/CIF.
  • Acta, escritura ou documento de constitución.
  • No caso de federacións de comerciantes ou asociacións profesionais de artesáns:
  1. poder suficiente de quen represente a entidade solicitantes xunto co DNI.
  2. certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da federación ou asociación profesional de artesáns e que acredite o número de asociados que a integran.
  3. no caso de estar exento do imposto sobre o IVE, documentación acreditativa da mencionada exención.
  4. informe da mesa local de comercio correspondente relativo á solicitude de subvención.
  5. certificación emitida pola persoa que exerza a secretaría da entidade solicitante, donde se faga constar a relación de establecementos comerciais que están implicados na implnantación do proxecto.
  6. certificado emitido pola secretaría da entidade se o proxecto implica o establecemento  dunha política ambiental.
  • No caso de comerciantes retallistas:
  1. certificación expedida pola Axencia Tributaria no cal se indiquen os epígrafes dos imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a entidade solicitante.
  2. documentación acreditativa do número de traballadores (TC2) do mes anterior a presentación da solicitude ou xustificante da non existencia de traballadores.
  3. Certificado de pertencer a unha asociación de comerciantes ou artesáns.
  4. Xustificación de ter implantada na súa páxina web a venda en liña.
  • Certificado de estar o corrente nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Triburaria, Tesourería Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
  • Facturas ou, no seu defecto facturas pro forma ou orzamento detallado dos gastos previstos e de forma desagregada. Deben estar asinadas ou co selo orixinal do provedor.
  • Se a solicitude non reúne algun dos requisitos: 10 días hábiles.
  • Recurso protestativo de reposición: 1 mes a partir do día seguinte ao da notificación.
  • Recurso contencioso-administrativo: 2 meses a partir do día seguinte ao da notificación, se esta fose expresa, ou de 6 meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produzca o acto presunto.
  • Prazo para resolver e notificar: 5 meses.
  • Presentación: 1 mes dende a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Para calquera aclaracion, por favor, contacten connosco o 986226483 (DEPARTAMENTO FISCAL) ou fiscal@www.quattro.villarayito.com
Un saudo