Entradas

NOTA DE AVISO – PROGRAMA RESCATE PERSOAS AUTONOMAS – XUNTA DE GALICIA

Estimado Cliente;

Remitese información das bases reguladoras do PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS AFECTADAS POLA CRISE DA COVID-19 – TR400A- DOG núm 233 de mercores 18 de novembro de 2020 Leer más

AXUDAS IGAPE – IG278 – CHEQUES DIXITALIZACIÓN COVID-19

Estimados clientes;

Publicouse a RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19), susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E)

RESUMO AXUDA CHEQUE DIXITALIZACIÓN COVID 19

RESOLUCION

EXTRACTO

Dende quattroasesoria comunicamoslle que xa estamos traballando nas nosas instalacions con total garantía de Normativa COVID, seguindo os protocolos asinados as empresas de Oficinas e Despachos para a correcta e segura prestación de servizos os nosos clientes. Quedamos a sua disposición para calquera aclaración que poiderades necesitar.

quattroasesoria

NOTA DE AVISO – Subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego

Estimados Sres;

Facemoslle chegar un pequeno resumo dunha axuda da Xunta de Galicia para a modernizacion no comercio retallista e artesanal galego (melloras de webs, packaging, etiquetaxe, etc…)

OBXECTO

Concesión de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais:
  1. Ferramentas que melloren a xestión do establacemento/obradoiro e o deseño dos productos, e que non foron utilizados anteriormente.
  2. Desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetaxe, dirixido a mellor a loxística e comercialización do producto.
  3. Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo a disposción dos clientes recursos tecnolóxicos.
  4. Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que  impliquen a utilizacion das redes sociais para a venda.
  • Federacións de comerciantes:
  1. Gastos de desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas e webs para teléfonos móbiles. (Só se podera presentar a solicitude para unha aplicación informática)
  • Asociacións profesionais de artesáns.
  1. Sistemas que engadidos ao producto ou as seu packaging ou envase completen a información deste, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou valores engadidos.
  2. Proxectos de deseño e creación de novos productos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

GASTOS NON SUBVENCIONABLES

  • Impostos indirectos ou impostos persoais sobre a renda.
  • Obras para o acondicionamento do local.
  • Medidas orientadas á mellora de imaxe exterior.
  • Adquisición de moblaxe.
  • Ordenadores, TPV
  • Bolsas convencionables.

BENEFICIARIOS

  • Comerciantes retallistas.
  1. Que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
  2. Empregen menos de 10 traballadores e non teñan consideranción de grande estabalecemento comercial.
  3. Que estea dado de alta en algún dos epígrafes do IAE (ANEXO II)
  4. Inscritos no Rexistro Galego de Comercio.
  • Titulares de obradoiros artesanais.
  1. Obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  2. Uso da marca Artesanía de Galicia.
  • Federacións de comerciantes sen fins de lucro.
  1. Que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
  2. Inscritas no Rexistro Galego de Comercio.
  • Asociacións profesionais de artesáns de Galicia
  1. Alomenos 10 dos seus membros figuren inscritos no Rexistro Galego de Artesanía.

Non son beneficiarios empresas en crise.

DOCUMENTACIÓN

  • DNI/CIF.
  • Acta, escritura ou documento de constitución.
  • No caso de federacións de comerciantes ou asociacións profesionais de artesáns:
  1. poder suficiente de quen represente a entidade solicitantes xunto co DNI.
  2. certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da federación ou asociación profesional de artesáns e que acredite o número de asociados que a integran.
  3. no caso de estar exento do imposto sobre o IVE, documentación acreditativa da mencionada exención.
  4. informe da mesa local de comercio correspondente relativo á solicitude de subvención.
  5. certificación emitida pola persoa que exerza a secretaría da entidade solicitante, donde se faga constar a relación de establecementos comerciais que están implicados na implnantación do proxecto.
  6. certificado emitido pola secretaría da entidade se o proxecto implica o establecemento  dunha política ambiental.
  • No caso de comerciantes retallistas:
  1. certificación expedida pola Axencia Tributaria no cal se indiquen os epígrafes dos imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a entidade solicitante.
  2. documentación acreditativa do número de traballadores (TC2) do mes anterior a presentación da solicitude ou xustificante da non existencia de traballadores.
  3. Certificado de pertencer a unha asociación de comerciantes ou artesáns.
  4. Xustificación de ter implantada na súa páxina web a venda en liña.
  • Certificado de estar o corrente nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Triburaria, Tesourería Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
  • Facturas ou, no seu defecto facturas pro forma ou orzamento detallado dos gastos previstos e de forma desagregada. Deben estar asinadas ou co selo orixinal do provedor.
  • Se a solicitude non reúne algun dos requisitos: 10 días hábiles.
  • Recurso protestativo de reposición: 1 mes a partir do día seguinte ao da notificación.
  • Recurso contencioso-administrativo: 2 meses a partir do día seguinte ao da notificación, se esta fose expresa, ou de 6 meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produzca o acto presunto.
  • Prazo para resolver e notificar: 5 meses.
  • Presentación: 1 mes dende a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Para calquera aclaracion, por favor, contacten connosco o 986226483 (DEPARTAMENTO FISCAL) ou fiscal@www.quattro.villarayito.com

Un saudo