NOTA DE AVISO – PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS (VIGO) Á CONTRATACIÓN 2013

Estimados Clientes;

Facemoslle chegar a informacion referente a unha liña do CONCELLO DE VIGO  para á contratación para o ano 2013 no marco da actuación municipal e no conxunto de accións consideradas dentro dos programas de apoio á inserción laboral, para a aplicación das políticas activas de emprego no seu ámbito territorial.

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA 2013


Poderán solicitar estas axudas empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, e entidades distintas da administración pública, que formalicen contratos por conta allea cunha duración mínima de 3 meses, a tempo completo ou parcial, a persoas desempregadas empradroadas no municipio de Vigo (durante un período mínimo de 6 meses previo ao inicio da súa contratación e durante a vixencia da mesma), para prestar servizos no mesmo. As empresas que contraten a persoas que pertencen a algún dos colectivos especificados no punto 1.4 verán incrementada a cuantía da axuda.

Prazo solicitudes: 28/05/2013 – 26/06/2013