NOTA DE AVISO – Convocatoria para o ano 2014 do «Programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa»- CONCELLO DE VIGO

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na súa sesión de data 26 de setembro de 2014, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2014 do «Programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa», as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 188 do martes 30 de setembro de 2014).

1192994625concello 300x233 - NOTA DE AVISO - Convocatoria para o ano 2014 do "Programa de axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa"- CONCELLO DE VIGOAs solicitudes achegaranse, segundo modelo normalizado (Anexo I), ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado ao Programa de Axudas á contratación e mellora do emprego da mocidade viguesa, inescusablemente xunto coa totalidade da documentación requirida (orixinal ou copia compulsada previamente no Departamento de Desenvolvemento Local e Emprego, agás o DNI).

Poderán solicitar estas axudas empresas privadas, independentemente da súa forma xurídica, e entidades distintas da administración pública ca finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar as persoas novas a súa primeira experiencia laboral que lle permita mellorar o seu grao de empregabilidade e aprendizaxe no entorno da empresa, a través dos seguintes programas de axudas:


I) Programa de incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos (Programa ITIVI)

II) Programa de incentivos a contratación (Programa ICV) , por conta allea , de persoas traballadoras menores de 30 anos desempregadas inscritas como demandantes de emprego na correspondente oficina do Servizo Público de Emprego.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 16 de Outubro de 2014

Para mais información, debe contactar con:
CONCELLO DE VIGO
Praza do Rei 1, 36202 Vigo – Pontevedra
Telf.: 986 81 01 00

Bases reguladoras e convocatoria (30/09/2014)

Anexos – (30/09/2014)