Guias de prevención e Saude laboral en sectores de inminente apertura – XUNTA DE GALICIA

Dende quattroasesoria queremos facervos chegar unhas Guias de Saude e de Prevencion elaboradas pola Xunta de Galicia a traves do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ISSGA

Tendo en conta a situación de declaración de estado de alarma en todo o territorio nacional (Real decreto 463/2020 de 14 de marzo prorrogado polo Real decreto 476/2020, do 27 de marzo) como consecuencia da pandemia provocada polo COVID-19, no exercicio da súa función de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), elabora diversos documentos nos que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos centros de traballo segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o Coronavirus.

Todo isto sen prexuízo da necesidade de medidas específicas que se deban adoptar en función das características concretas da actividade e que corresponden á organización preventiva da empresa (servizo de prevención, traballadores designados ou asunción polo empresario). Sempre seguindo as pautas das autoridades sanitarias en cada momento.

 

Deixamos como adxuntos a informacion referida de diversos sectores pola sua urxencia na apertura:

 

COMERCIO

Neste enlace (Comercio), podes acceder ao: – Cartel – Flyer informativo – Guía informativa

 

PERRUQUERIAS

Neste enlace (Perruquerias), podes acceder ao: – Cartel – Flyer informativo – Guía informativa

 

OFICINAS

Neste enlace (Oficinas), podes acceder ao: – Cartel – Flyer informativo

 

CONSTRUCCION, REFORMAS, OBRAS DE REHABILITACION, REPARACIONS EN EDIFICACIONS

Neste enlace (Construccion), podes acceder ao Cartel Informativo

 

INDUSTRIA DA AUTOMOCION

Neste enlace (Industria da Automocion), podes acceder ao: – Cartel – Flyer informativo 

 

INDUSTRIA NAVAL

Neste enlace (Industria Naval), podes acceder ao: – Cartel – Flyer informativo

 

En definitiva hay multitude de actividades que seria imposible sinalar neste post, polo que deixamos enlace a paxina onde se atopan todas as guias editadas para case todas as actividades industriais, comerciais e de servicios da nosa comunidade (TODAS ACTIVIDADES)

Asemesmo, poñemos a sua disposicion un Dossier de PREGUNTAS Y RESPUESTAS PLAN NUEVA NORMALIDAD

Para calquera dubida, por favor, contactar co Departamento Laboral ou Fiscal de quattroasesoria