NOVAS AXUDAS para Hostalaría e Outras Actividades Pechadas

Xa saíron publicadas as novas axudas da Xunta de Galicia para HOSTALARIA E OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS por  COVID.

Novas Axudas para hostalaria e outras actividades pechadas - NOVAS AXUDAS para Hostalaría e Outras Actividades Pechadas

TR500C – Programa I. Hostalaría.

Obxecto

Apoiar as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.

Beneficiarios

Sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, que estea afectado polo peche sanitario, entendendo como tal aquel establecemento que non poida ter aberto ao público o seu interior, independentemente do servizo en terrazas e do servizo de envío a domicilio ou recollida no local.

Requisitos

* Ter domicilio fiscal en Galicia.

* Estar afectada polos supostos de peche do establecemento, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, polo peche perimetral do concello en que se sitúen, ditados pola autoridade sanitaria ou a autoridade competente delegada da Xunta de Galicia.

* Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se acrediten as seguintes circunstancias:

1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que teña recibido o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.

* Que sean veraces todos os datos da declaración responsable.

Orzamento

O orzamento designado para este programa é de 12 millóns de euros.

Importe da axuda segundo a data de peche do establecemento ou no caso de hoteis, hostais, casa rurais e outro tipo de aloxamentos pola data de peche perimetral do concello.

– Peche desde o 27 de xaneiro de 2021: 1.900 €

– Peche desde o 21 de xaneiro de 2021: 2.200 €

– Peche por dous o máis decretos que establecen o peche sanitario: 2.700 €

No caso dos establecementos con 10 ou máis persoas traballadoras, incrementarase en 1.000 € a cantidade sinalada.

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado podendo ter a persoa beneficiaria máis dun establecemento con dereito á axuda. Deste xeito deberá presentarse unha única solicitude por titular onde figurarán todos os establecementos afectados polo peche.

TR500D – Programa II. Outras actividades pechadas.

Obxecto

Apoiar os traballadores autónomos, microempresas ou pemes que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.

Beneficiarios

Persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I Hostalaría, desta orde.

Requisitos

– Ter domicilio fiscal en Galicia.

– Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de Galicia, entendendo que está afectado polo peche aquel establecemento que non puidese ter aberto segundo a normativa sanitaria e estea no número 4 das medidas especiais para determinadas actividades do anexo da Orde do 26 de xaneiro de 2021, incluídas as atraccións de feira.

– Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se acrediten as seguintes circunstancias:

1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día en que teña recibido o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.

* Que sean veraces todos os datos da declaración responsable.

Orzamento

O orzamento designado para este programa é de 3 millóns de euros.

Importe da axuda segundo a data de peche:

– Peche desde 27 de xaneiro de 2021: 1.900 €

– Peche desde o 21 de xaneiro de 2021: 2.200 €

– Peche por dous o máis decretos que establezan o peche sanitario: 2.700 €

– As actividades de atraccións de feira: 2.700 €

No caso dos establecementos con 10 ou máis persoas traballadoras, incrementarase en 1.000 € a cantidades inalada.

As axudas concederanse para cada establecemento paralizado polo que se deberá presentar unha única solicitude por titular, figurando todos os establecementos afectados polo peche.

O prazo de presentación de solicitudes tanto para o Programa I como o II será dun mes desde o día seguinte á data de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

 

Nos seguintes enlaces deixámosvos os enlaces directos ás infografías da Xunta.

Información axudas Hostalaria

Información axudas Outras actividades pechadas

 

Lembre que todas as notas de aviso, boletín, publicación de blog e outras novas actuais están dispoñibles para vostede tanto na nosa  WEB coma en FACEBOOK  TWITTER  LINKEDIN INSTAGRAM e coma novidade por WHATSAPP

Para calquera aclaración, a través do 986226483 ou fiscal@quattrosaesoria.com

Departamento Fiscal

quattroasesoria

NOTA DE AVISO PROGRAMA RESCATE PERSOAS AUTONOMAS XUNTA DE GALICIA 18112020 INSTAGRAM - NOTA DE AVISO - PROGRAMA RESCATE PERSOAS AUTONOMAS - XUNTA DE GALICIA

NOTA DE AVISO – PROGRAMA RESCATE PERSOAS AUTONOMAS – XUNTA DE GALICIA

Estimado Cliente;

Remitese información das bases reguladoras do PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS AFECTADAS POLA CRISE DA COVID-19 – TR400A- DOG núm 233 de mercores 18 de novembro de 2020 Read more