NOTA DE AVISO – PROGRAMA RESCATE PERSOAS AUTONOMAS – XUNTA DE GALICIA

Estimado Cliente;

Remitese información das bases reguladoras do PROGRAMA DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS AFECTADAS POLA CRISE DA COVID-19 – TR400A- DOG núm 233 de mercores 18 de novembro de 2020 Read more

Guias de prevención e Saude laboral en sectores de inminente apertura – XUNTA DE GALICIA

Dende quattroasesoria queremos facervos chegar unhas Guias de Saude e de Prevencion elaboradas pola Xunta de Galicia a traves do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia ISSGA

Tendo en conta a situación de declaración de estado de alarma en todo o territorio nacional (Real decreto 463/2020 de 14 de marzo prorrogado polo Real decreto 476/2020, do 27 de marzo) como consecuencia da pandemia provocada polo COVID-19, no exercicio da súa función de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), elabora diversos documentos nos que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos centros de traballo segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o Coronavirus.

Todo isto sen prexuízo da necesidade de medidas específicas que se deban adoptar en función das características concretas da actividade e que corresponden á organización preventiva da empresa (servizo de prevención, traballadores designados ou asunción polo empresario). Sempre seguindo as pautas das autoridades sanitarias en cada momento.

 

Deixamos como adxuntos a informacion referida de diversos sectores pola sua urxencia na apertura:

 

COMERCIO

Neste enlace (Comercio), podes acceder ao: – Cartel – Flyer informativo – Guía informativa

 

PERRUQUERIAS

Neste enlace (Perruquerias), podes acceder ao: – Cartel – Flyer informativo – Guía informativa

 

OFICINAS

Neste enlace (Oficinas), podes acceder ao: – Cartel – Flyer informativo

 

CONSTRUCCION, REFORMAS, OBRAS DE REHABILITACION, REPARACIONS EN EDIFICACIONS

Neste enlace (Construccion), podes acceder ao Cartel Informativo

 

INDUSTRIA DA AUTOMOCION

Neste enlace (Industria da Automocion), podes acceder ao: – Cartel – Flyer informativo 

 

INDUSTRIA NAVAL

Neste enlace (Industria Naval), podes acceder ao: – Cartel – Flyer informativo

 

En definitiva hay multitude de actividades que seria imposible sinalar neste post, polo que deixamos enlace a paxina onde se atopan todas as guias editadas para case todas as actividades industriais, comerciais e de servicios da nosa comunidade (TODAS ACTIVIDADES)

Asemesmo, poñemos a sua disposicion un Dossier de PREGUNTAS Y RESPUESTAS PLAN NUEVA NORMALIDAD

Para calquera dubida, por favor, contactar co Departamento Laboral ou Fiscal de quattroasesoria

A Xunta decreta o estado de emerxencia sanitaria: comercios e bares pechados agás os de alimentación básica

A Xunta activou este venres, e por primeira vez na historia da autonomía galega, o estado de emerxencia sanitario que implica o peche de todos os comercios, agás aqueles adicados á alimentación como panaderías, froiterías, pescaderías, carnicerías ou quioscos.

Así o anunciou nunha comparececia de prensa a través de Internet, e tras un Consello da Xunta extraordinario, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que defendeu este decreto pola situación de alerta sanitaria que vive Galicia e o conxunto do estado. 

Nos casos dos servizos de recollida de produtos nestes locais, Feijóo explicou que debe manterse unha distancia de seguridade para evitar contagios e que a permanencia no establecemento debe ser “a estritamente necesaria”. Non están afectados por esta medida os servizos de restauración dos hoteis, sempre que só sirvan para clientes, e os establecementos de instalacións de servizos públicos.

Feijóo suliñou que a activación deste estado de emerxencia –que pode variar en función do estado de alerta que se fará efectivo mañá no conxunto do estado– “pode afectar aos dereitos da cidadanía” xa que a Xunta estará capacitada para “dar avisos a poboación afectada, para a evacuacion e asistencia social, para o control de accesos e para a seguridade cidadá”.

Este decreto habilita á Xunta para pechar bares, restaurantes e cafeterías durante 14 días, agás aquelas que sirvan envíos a domicilio. O peche non afectará aos restaurantes dos hoteis, sempre e cando sexan só para uso dos clientes. Tamén se pecharán todo tipo de comercios e grandes superficies, agás aquelas que teñan sección de alimentación e tendas de alimentación básica como froiterías, panaderías, carnicerías ou pescaderías, ademais das gasolineiras, farmacias e quioscos.

Ademais pecharanse cines e teatros, salas de concertos, auditorios, recintos feriaiss, centros de ocio, pubs, furanchos, centros de ocio infantís, ximnasios e tamén albergues do camiño.

FUNERAIS

O decreto tamén limita a asistencia a funerais. Así, o aforo máximo permitido será dun terzo do espazo e só estará permitida a presenza de 50 persoas por enterro. “As medidas están tomadas para que, con carácter xeral, a xente permaneza nos fogares e queden cubertas necesidades básicas de alimentación e produtos sanitarios”, suliñou Feijóo.

Para iso habililitarase un Centro de Coordinación Operativo (CEPOP) que estará dirixido polo propio Feijóo e que contará coa presenza do conselleiro de sanidade, vicepresidente, delegado do goberno, responsables das consellerías, responsables de emexencias e representantes de Garda Civil, Policía e Policía autonómica.

O presidente galego explicou que esta decisión se apoia en base a criterios científicos e na experiencia doutros países e zonas máis afectadas e tamén nas recomendación de organismos interanacionais que piden “medidas más agresivas” e tamén “se inscribe na folla de ruta do Goberno central”. “É unha situaicón nova e descoñecida e o mellor que podemos facer é o distanciamento social. Que non haxa aglomeracións, que a xente evite a circulación e quede na casa respetando distancias prudenciais”, indicou.

Este decreto poderá implicar a reorganización dos servizos administrativos e orzamentarios necesarias. Ademais, o vicepresidente xa se puxo en contacto co delegado do goberno e, ata que se active o estado de alarma, pediulle que se poñan as forzas de seguridade ao servizo destas decisións para que non se produzan concentracións de xente. “Son consciente que o distanciamento social é difícil e cambiar iso é complexo pero non se pode aprazar. Facemolo polo ben de todos para que o virus avance con menor progresión e porque nas últimas horas moitos cidadáns se trasladaron a Galicia”, dixo.