II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19

A Xunta publicou no DOGA as Axudas do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas, para faceren fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.

NOTA DE AVISO II Programa Axudas Autonomos e Microempresas 19022020 banner - II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19

Os recursos que se destinarán aos programas contidos nesta orde son os seguintes:

Programa I persoas traballadoras autónomas: axudas ás persoas traballadoras autónomas, incluídas as persoas autónomas societarias. Este programa está financiado con 30.000.000,00 €, susceptibles de ser financiados polo FSE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, dentro dos cales 5.000.000,00 € están reservados a aqueles sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.
Programa II microempresas: axudas as microempresas, persoas traballadoras autónomas con persoal a cargo. Este programa está financiado con 30.000.000,00 € con cargo aos fondos finalistas e propios da Comunidade Autónoma, dentro dos cales 5.000.000,00 € están reservados a aqueles sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras autónomas de Galicia do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19 a través do Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas (TR500A).

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas, para faceren fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.

Programa I persoas traballadoras autónomas: axudas ás persoas traballadoras autónomas

Serán persoas beneficiarias desta axuda:

Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídas as persoas autónomas societarias que teñan unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 % nos termos establecidos no artigo 19.3.

As persoas autónomas societarias, que estean de alta no RETA ou no Réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30.3.2020 e indiquen no anexo I unha empresa da cal sexan societarios cunha porcentaxe de participación mínima do 25 %, e que cumpra os requisitos de baixada de facturación.

Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, estivesen de alta un mínimo de catro meses e máximo de nove meses, en cada un dos anos 2018 e 2019.

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

E unicamente se pode presentar unha solicitude por persoa física.

As axudas económicas serán as seguintes:

a) 1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.
b) 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
c) 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.

A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 19 de febreiro e o 18 de marzo de 2021.

Programa II microempresas:

Serán persoas beneficiarias desta axuda:

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes conforme ao indicado no artigo 29 da convocatoria da axuda, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivisen unha baixa de facturación de polo menos o 45 %.

As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:

• Ter domicilio fiscal en Galicia,
• Que a facturación teña baixado polo menos na cantidade indicada no apartado anterior no ano 2020 segundo o cálculo definido no artigo 31.

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese un descenso de facturación igual ou superior ao 70 %.

As axudas concederanse polos seguintes importes:

a) 4.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e o 60 %.
b) 5.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
c) 6.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Excepcionalmente, se contemplan outros parámetros para os seguintes supostos:

a) Para as altas ou empresas creadas ao longo do ano 2019, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do ano 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020.
b) Para as altas ou empresas creadas desde o 1.1.2020 ao 31.3.2020, a baixada de facturación calcularáse comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro trimestre do ano 2020 coa media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020.

A dita cantidade incrementarase ata 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a seguinte escala:

a) 1.000 € se ten de 4 a 9 persoas traballadoras.
b) 2.000 € se ten de 10 a 20 persoas traballadoras.
c) 3.000 € se ten de 21 a 25 persoas traballadoras.

A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual do ano 2019 cos do ano 2020.

As persoas beneficiarias deberán manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses desde a data de publicación en o Diario Oficial de Galicia desta orde de axudas.

 

INFOGRAFIAS

Infografia Autonomos

Infografia Microempresas

 

DOCUMENTACION:

Anuncio

Extracto Microempresas

Extracto Autonomos

Para cualquier aclaracion al respecto, rogamos contacten con nuestro Departamento Fiscal al 986226483 o bien a fiscal@quattroasesoria.com

Os recordamos que todas las Notas de Aviso, Newsletter, Post del Blog y demás noticias de actualidad se encuentran a su disposición tanto en nuestra WEB como en FACEBOOK  TWITTER  LINKEDIN INSTAGRAM y como novedad por WHATSAPP

quattroasesoria