CELTA BALONCESTO

Apoiamos o deporte feminino de base, indo da man dun clube que coida os valores que entendemos importantes, a educación, o deporte, o respecto e a mellora constante. Un ano máis seguimos apoiandoos

FUTBOL 7 LIGA EMPRESAS FITGALICIA

Apoiamos o deporte como forma de vida e paixón pola competición nunha liga de empresas de xogadores “veteranos” da liga FITGALICIA, sendo xa campións nalgunha das súas tempadas anteriores.

VIGOSPORTING – ALEVIN e BENJAMIN

grupoquattro cre no deporte dende a base, por iso aposta polos atletas novos e os apoia no desenrolo de calidades esenciais no seu adestramento e crecemento como persoas. Os valores que grupoquattro quere transmitir e promover entre as mozas a través de patrocinios deportivos son o traballo en equipo, a competitividade, a mellora persoal e a perseveranza.

FUNDACION MENTOR

A Fundación Mentor creouse co obxectivo de complementar a formación académica dos estudantes do Dobre Grao ADE-Dereito do Campus de Vigo e doutros estudantes pertencentes ao ámbito xurídico-empresarial a través da realización de actividades formativas que mellorarán a cualificación dos citados estudantes e permítelles dispoñer de todas as ferramentas requiridas polo mundo empresarial e profesional.

FUNDACION MENTOR

Os mentores son empresas e despachos plenamente conscientes do papel que deben desenrolar na sociedade e, polo tanto, uníronse á Fundación. Con esta iniciativa conxunta, apostan por un elemento clave na xeración de crecemento nun país: o capital humano e, entre estas empresas, está quattroasesoria.

Estamos agradecidos e orgullosos de poder aportar o noso graniño de area a este proxecto tan ilusionante como dificil. FOMENTANDO O TALENTO

FUNDACION SECRETARIADO GITANO

AFundación Secretariado Gitano (En adelante, FSG) desenrola todo tipo de accions que contribuian a alcanzala plena cidadania das persoas xitanas, a mellorar as suas condicions de vida, a promovela igualdade de trato e a evitar toda forma de discriminación, así como a promoverlo recoñecemento da identidade cultural da comunidade xitana.

En 2011, a Fundación Secretariado Gitano obten a autorización para funcionar en toda España como Axencia de Colocación con identificador 9900000036 que concede o Ministerio de Trabajo a través do Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), permitindo a FSG acercar mais os servizos de axuda para o acceso ao mercado laboral da poboación xitana.

Estamos agradecidos e orgullosos de poder aportar o noso graniño de arena a este proyecto tan ilusionante como dificil e por elo axudamos facendo unha DONACION para este proxecto tan especifico. FOMENTANDO O TALENTO ENTRE TODAS AS PERSONAS, INDEPENDENTEMENTE DO SEU SEXO, RAZA OU COLOR

¿ quieres estar al dia ?

Recibe las novedades fiscales, mercantiles, laborales y contables